|
|
Páxina web dos Montes Comunais de San Miguel de Catoira. ----** En construcción**---- |
|
|
email: montescomunaisdecatoira@hotmail.com |
| 2006©L. Rey |
Redactados conforme ó modelo entregado pola Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia. |
|
|||
|
ESTATUTOS DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE “SAN MIGUEL DE CATOIRA”, APROBADOS EN ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA O DÍA DEZASETE DE DECEMBRO DE 2005. CAPITULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS - Artigo 1. Os presentes estatutos teñen por obxecto regular o disfrute e o aproveitamento dos "Montes Veciñais en Man Comun” de San Miguel de Catoira, dos que son propietarios os veciños comuneiros desta parroquia, según resolución do 21 de xuño de 1979, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra; así como dos demais montes que no futuro se clasifiquen no seu favor, conforme o establecido na Lei Galega de Montes 13/1989 de 10 de octubro. Artigo 2. As normas contidas nos presentes Estatutos inspíranse nos usos e costumes tradicionais que regulan o disfrute dos referidos montes. Non obstante, si se probase a existencia doutros usos e costumes non recollidos nas mesmas, serán respetados e poderá pedirse por calquer interesado a inclusión nos presentes Estatutos, unha vez probada en debida forma a súa tradicional observancia. Artigo 3. A titularidade e o aproveitamento dos montes corresponde á Comunidade de veciños-comuneiros da parroquia de San Miguel de Catoira, con sede na parroquia de Catoira. A Comunidade ten plena capacidade xurídica para o cumplimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos, sobre o monte e os seus aproveitamentos, así como para a súa administración e disposición; podendo exercitar na vía xudicial e administrativa cantas accións se precisen en defensa dos seus propios intereses. Os obxectivos esenciais da C.M.V.M.C. de San Miguel de Catoira son a xestión, a protección e a defensa dos montes dos que é titular; velando especialmente pola prevención e loita contra dos incendios forestais, así como pola súa conservación, limpeza e integridade, evitando tanto a degradación como o seu deterioro ecolóxico. Igualmente impedirá a extracción abusiva de calquera dos seus recursos, en consonancia co sinalado no artigo 28 da Lei de M.V.M.C. 13/89. Artigo 4. Os referidos montes, son un ben indivisible, inalienable, imprescriptible e inembargable e non están suxeitos a tributación nin ás cuotas da Seguridade Social Agraria. Non obstante, os montes poderán ser obxecto de cesión temporal en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuito, para obras, instalacións, explotacións de diverso tipo, servicios ou outros fins; sempre que redunden de modo principal en beneficio directo da Comunidade, dacordo coas maiorías previstas no artigo 18.1 da Lei de Montes. O monte tamén poderá ser obxecto de expropiación forzosa por causas de utilidade pública e interés social prevalente, co establecemento de dereitos según se regula no artigo 6 da citada lei. CAPITULO II - DOS COMUNEIROS TITULARES - Artigo 5. Integran a Comunidade, sen desinación de cuotas concretas, tódolos veciños maiores de idade, que vivan independentemente con casa aberta e con "fume", residentes e censados na parroquia de Catoira, considerando soamente un por unidade familiar. Cando varias familias habiten na mesma casa, será considerado comuneiro o titular dos bens e, si foran varios, o cabeza de familia de maior idade que ostente a maior parte dos bens. A representación da casa poderá ser delegada en calquer membro da familia, sempre que se acredite debidamente por escrito, ou mediante a presentación da credencial dos titulares. Artigo 6. Tódalas persoas que crean reunir os requisitos establecidos no artigo anterior, deberán solicitar a sua inscripción no rexistro de comuneiros. Estudiadas as solicitudes pola Xunta Rectora, procederá a expedición dunha credencial a nome do titular ou titulares (no caso de matrimonios ou parellas que convivan xuntos), podendo exercer indistintamente o dereito de representación calquera dos titulares, coa presentación da devandita credencial. Os pedimentos de rexistro que foran denegados pola Xunta Rectora serán sometidos a consideración da primeira Asamblea Xeral para a súa resolución definitiva. Na Asamblea se lle dará audiencia ó interesado, si éste o solicita. Igualmente, calquera comuneiro poderá opoñerse á inclusión no rexistro dos veciños que considere non aptos, ó non reunir os requisitos estatutariamente esixidos, elevando a oportuna reclamación diante da Asamblea Xeral, que haberá de resolver. CAPÍTULO III - PERDA DA CONDICIÓN DE COMUNEIRO - Artigo 7. A condición de comuneiro pérdese por calquera das seguintes causas: 1) Por falecemento do titular. 2) Por peche da casa na parroquia, durante mais dun ano continuado. 3) Por perda da vecindade na parroquia, que se estimará producida si se gañou a vecindade noutra parroquia. 4) Por renuncia escrita do titular ou por delegación escrita noutro membro da familia, que reúna as condicións para ser comuneiro. 5) Por conducta atentatoria contra os fins da Comunidade, cando así sexa sancionado pola Asamblea Xeral, segundo a gravedade das faltas. Artigo 8. A perda da condición de comuneiro, non impedirá volver a recuperala cando rematen as causas que a provocaron e, non perxudicará ós herdeiros que reúnan as circunstancias precisas para obtela. Artigo 9. Ó falecemento dun comuneiro, transferirase de inmediato esta cualidade ó herdeiro que siga habitando na mesma casa, e se foran varios, ó que ostente a maior parte dos bens ou no seu caso, ó de maior idade. Si os distintos herdeiros do comuneiro falecido, pasaran a vivir noutras casas da mesma parroquia como titulares das mesmas, carecendo con anterioridade da cualidade de comuneiros, pasarán a ostentala desde o momento que acrediten á Xunta Rectora, a aprobación da partición de bens do comuneiro falecido. Artigo 10. No caso de transmisión intervivos ou mortis causa, do uso e disfrute da totalidade dos bens pertencentes a un comuneiro que perdese esta condición, o adquirente non terá dereito a ser membro da Comunidade ata adquirir a vecindade na parroquia, dacordo co previsto nos presentes Estatutos e sempre que efectivamente habite como titular en casa aberta e con “fume”. As transmisións parciais non extinguen o dereito do transmitente. CAPÍTULO IV - DEREITOS E OBLIGACIÓNS DOS COMUNEIROS - Artigo 11. Ademais dos que resulten da aplicación destes Estatutos e da lexislación de Montes en Man Común, son dereitos dos comuneiros: a) Participar na administración, control e goberno da Comunidade, cando foran elexidos como membros da Xunta Rectora. b) Dereito a informarse de calquer dato sobre a marcha da Comunidade e, a formular as queixas que se consideren oportunas. c) Participar nos aproveitamentos directos e gratuitos, dacordo cas normas da Asamblea Xeral. d) Traballar na explotación do monte nas condicións que sinale a Asamblea Xeral e) Todos os demais que se deriven da condición de comuneiro, especialmente exercitar o dereito ó voto para elexir os membros da Xunta Rectora e, presentar candidaturas ós distintos cargos. Artigo 12. Son obrigas de tódolos comuneiros: a) Asistir ás reunións para as que debidamente foran convocados. b) Cumprir os preceptos da Lexislación de Montes Veciñais en Man Común, destes Estatutos e os acordos que emanen da Asamblea Xeral e da Xunta Rectora. c) Efectuar, dentro dos prazos que se establezan, as aportacións que fixe a Asamblea Xeral. d) Desempeñar con toda dilixencia os cargos da Xunta da Comunidade, ou calquer outro para o que fose nomeado. e) Para os que voluntariamente acepten traballar na explotación do monte, poñer a máxima dilixencia no empeño das funcións e labores que se teñan encomendadas. f) Todas as demáis que se deriven da lexislación de Montes, dos presentes Estatutos e da aplicación dos acordos da Comunidade, determinados pola Asamblea Xeral. CAPÍTULO V - PARTICIPACIÓN NOS APROVEITAMENTOS NO SUPOSTO DE QUE O MONTE SEXA EXPLOTADO DIRECTAMENTE POLOS VECIÑOS COMUNEIROS - Artigo 13. As participacións correspondentes a cada comuneiro polos aproveitamentos ou beneficios que produzan os montes, serán preferentemente adicadas a servizos e obras comunitarias determinadas pola Asamblea Xeral. Artigo 14. Ós efectos do artigo anterior, enténdese por rendimentos pecuniarios ou beneficios líquidos, aqueles que resulten tras reservar o 30% dos mesmos para “investimentos, protección, accesos e servicios derivados do uso social ó que o monte está destinado", dacordo co artigo 23 da Lei 13/1989 e despois de descontar as cantidades invertidas na explotación do monte. A Asamblea Xeral, coa maioría prevista no artigo 18.2º da ley 13/1989, decidirá sobre a distribución dos beneficios obtidos polo aproveitamento dos montes, respetando en cada caso as seguintes porcentaxes: a) O 30% como mínimo invertirase na conservación e mellora dos montes, procurando a sua repoboación con especies autóctonas, así como a recuperación e coidado de manantiais, camiños, etc. b) Un 20% como mínimo, será destinado a fondo de reserva. c) O resto destinarase a obras sociais no amplo senso da palabra, ou calquera outro fin aprobado pola Asamblea. CAPÍTULO VI - DISTRIBUCIÓN DAS CARGAS E DÉBEDAS, NO CASO DE EXPLOTACIÓN DIRECTA DO MONTE, TOTAL OU PARCIAL POLOS VECIÑOS - Artigo 15. As cargas ou débedas que se produzan a consecuencia da explotación do monte, deduciránse dos beneficios si os houbera ou, no seu caso, partiranse entre os veciños comuneiros. Ata cubrir totalmente as débedas contraídas para a explotación do monte, non se procederá á distribución de beneficios, que haberán de redestinarse íntegramente á amortización das débedas. Artigo 16. No caso de que se produza o ingreso dun comuneiro, existindo débedas pendentes polo aproveitamento dos montes, non poderá participar nos aproveitamentos ata que participe na cuantía que proporcioalmente lle corresponda nas referidas débedas. CAPÍTULO VII - MODALIDADES DE DISFRUTE - Artigo 17. A Comunidade terá como fin primordial a explotación do monte, de xeito que sexa capaz de producir unha riqueza que mellore as súas condicións económico-sociais, ou a dos comuneiros. Por elo, a forma principal e obrigatoria de explotación será a realizada pola propia Comunidade, para a obtención de rendimentos económicos a corto, medio ou longo prazo, según a vocación das distintas partes do monte e según o plan técnico que sinale as posibilidades de cada zona. Artigo 18. Soamente nos casos en que a explotación en común con rendimentos económicos non fose posible, poderán admitirse aproveitamentos directos e gratuitos que realicen os veciños; de xeito que os productos aproveitados redunden íntegramente en beneficio particular ou familiar, sen proporcioar rendimentos monetarios inmediatos, tales como pastos, rareos, desrames, cultivos eventuais, podas, leñas de matorral, etc. En todo caso, os aproveitamentos particulares se farán previa comunicación á Directiva da Comunidade, sen impedir ou dificultar o uso ós restantes comuneiros, polo que se distribuirán en partes iguais entre os comuneiros que o soliciten. Artigo 19. Os aproveitamentos do monte efectuaranse sempre dacordo co plan técnico que aprobe a Comunidade, si antes non fora de Convenio. Cando a Xunta Rectora considere que o aproveitamento realizado non é o mais axeitado para a explotación racioal do monte, elevarase proposta razoada á Administración para que, no prazo de quince días, incoe expediente sobre a posible transformación da explotación, na forma que establece o Regulamento de Montes Veciñais. CAPÍTULO VIII - ÓRGANOS DA COMUNIDADE - Artigo 20. O Goberno e a Administración da Comunidade realizarase pola Asamblea Xeral de Comuneiros e a Xunta Rectora. Artigo 21. A Asamblea Xeral é o órgano supremo da Comunidade, que expresará a vontade da mesma, estando composta por tódolos comuneiros legalmente rexistrados. Residirán na Asamblea Xeral tódalas competencias que legalmente lle corresponden, agás aquelas que lle foran expresamente atribuídas a outros órganos de goberno. A Asamblea Xeral poderá autorizar a presencia con voz e sin voto, a persoas alleas á Comunidade, cando así o considere por razóns de oportunidade. Artigo 22. A Asamblea Xeral reunirase obrigatoriamente en sesión ordinaria unha vez o ano e, sempre dentro dos seis meses seguintes ó peche do exercicio económico. Con carácter extraordinario poderase convocar a Asamblea Xeral, por iniciativa da Xunta Rectora ou por petición dun mínimo do 20% dos comuneiros. Nestes casos, haberá de celebrarse nun prazo máximo de dous meses. Artigo 23. As convocatorias da Asamblea Xeral, tanto en reunión ordinaria como extraordinaria, serán efectuadas polo Presidente da Comunidade, con un mínimo de dez días de antelación, mediante comunicación escrita a tódolos comuneiros. Na convocatoria se indicará o lugar, día e hora para a primeira e a segunda convocatoria, incluíndo a orde do día dos asuntos a tratar e, estará exposto no mesmo prazo no taboeiro de anuncios do Concello, así como nos lugares de costume. Tamén se sinalará o lugar no que cada comuneiro, poderá examinar a documentación dos asuntos que figuren na orde do día. En caso de urxencia, o Presidente poderá convocala Asamblea coa antelación que os asuntos requiran, debendo ratificarse a urxencia pola Asamblea antes de comenzar a sesión. Artigo 24. Para a validez dos acordos, en primeira convocatoria será necesaria a asistencia de mais da metade do total de comuneiros e, en segunda convocatoria, alomenos o 25% dos mesmos. Entre a primeira e a segunda convocatoria, deberán transcurrir un mínimo de dúas horas. Artigo 25. Os acordos para a aprobación, reforma ou revocación dos Estatutos, así como aqueles referidos a permutas, cesións ou actos que impliquen a enaxenación ou unha disposición decisiva sobre o patrimonio a favor de terceiras persoas, deberán anunciarse expresamente na convocatoria. Para poder adoptar estes acordos, será preciso o voto favorable da maioría dos presentes, sempre que na primera convocatoria asistan e participen a metade do total dos comuneiros e na segunda, será necesaria a concurrencia do 30 % dos comuneiros censados. Artigo 26. A asistencia ás reunións da Asamblea Xeral deberá ser a do propio comuneiro, ou doutro comuneiro no que este delegue por escrito; delegación que a Presidencia deberá requerir ó comezo da reunión. A delegación conleva o dereito ó voto, polo que o comuneiro representante poderá emitir dous votos. Ningún asistente poderá ostentar mais dunha representaci Artigo 27. Salvo os casos expresamente tipificados na Lei de Montes Veciñais, o Regulamento e os presentes Estatutos, os acordos deberán ser tomados pola maioría dos asistentes e obrigarán a tódolos comuneiros conforme o artigo 18, apartado 2º da Lei. Artigo 28. Do resultado da reunión, levantarase acta polo Secretario, na que deberá constar a decisión da maioría respecto a cada un dos puntos da orde do día, expresando o número de votos en contra e cando algún asistente quixera facer constar a súa oposición, indicarase o seu nome e apelidos. Un extracto dos acordos se publicará no taboeiro do Concello, durante quince días a partir dos dez días seguintes á reunión. Artigo 29. É competencia da Asamblea Xeral de Comuneiros: 1.- A elección do Presidente e demais cargos da Xunta Rectora. 2.- A conformidade dos novos comuneiros que reúnan os requisitos necesarios. 3.- O establecemento de periodos de carencia e cuotas de ingreso dos novos comuneiros, cando proceda como consecuencia de participar en aproveitamentos creados pola propia Comunidade. 4.- Decidir sobre a perda total ou parcial de dereitos dalgún comuneiro. 5.- Dirimir as discordias entre comuneiros. 6.- Aprobar o presuposto anual, a inversión de remanentes líquidos, obras sociais, melloras comunitarias, créditos, convenios e as contas do exercicio. 7.- Aprobación de posibles federacións, unións e mancomunidades con outras comunidades. 8.- Reformar os presentes éstatutos. 9.- Aprobar as cesións, os arrendamentos, así como as diversas explotacións do monte e as súas posibles modificacións. 10.- Aprobación da distribución dos aproveitamentos, beneficios pecuniarios e cargas, no suposto de explotación colectiva, parcial ou total do monte. 11.- Ratificación e rectificación de tódolos acordos da Xunta Rectora que se estimen pertinentes. 12.- Imposición de sancións ós infractores das normas dictadas pola Asamblea e Xunta Rectora. 14.- Asimesmo, todo o referente a autorizacións e concesións para explotar espacios no monte, por sociedades deportivas ou recreativas e, o importe das cuotas a percibir pola Comunidade. 15.- Resover as reclamacións previas a vía xudicial, contra os acordos adoptados pola mesma e pola Xunta Rectora. A XUNTA RECTORA Artigo 30. A administración e a representación da Comunidade corresponderán á Xunta Rectora, que estará constituida por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e tres vocais; distribuidos preferentemente da seguinte forma: un pola Avenida, a Corredoira e as Lombas, outro por Barral e o Outeiriño, e o terceiro por Catoira de Arriba, San Salvador e Trasdaveiga. Todos eles serán elexidos pola Asamblea Xeral entre os veciños comuneiros, designándose asimesmo tres vocais sustitutos. Artigo 31. A Xunta Rectora reunirase obrigatoriamente en sesión ordinaria, cada tres meses como mínimo, e en sesión extraordinaria cando o dispoña o seu Presidente, ou sexa solicitado por calquera dos seus membros. Para que se constitúa válidamente a Xunta, deberán asistir a maioría dos seus membros e, en todo caso o seu Presidente. A asistencia ás reunións da Xunta Rectora será sempre persoal, sin delegacións. Os acordos adoptaranse por maioría e no caso de empate decidirá o Presidente. Artigo 32. Son funcións da Xunta Rectora: 1.- A execución dos acordos da Asamblea Xeral. 2.- Presentar á Asamblea Xeral as propostas de novos comuneiros, cuotas de ingreso, imposición de periodos de carencia; sancións e separación de comuneiros. 3.- Confeccionar e presentar á Asamblea Xeral os presupostos e balances. 4.- Aprobar os pagos ata un importe máximo de dous mil euros (2.000 €), sempre e cando non excedan do 30% do orzamento anual aprobado. 5.- Someter a Asamblea Xeral os plans e trocos dos aproveitamentos, así como as cesións nos montes veciñais. 6.- Promover a elaboración de plans ou cambios nos mesmos, para o mellor aproveitamento do monte. A Xunta Rectora poderá propoñer á Asamblea Xeral a creación de comisións de estudio para cuestións específicas, podendo formar parte das mesmas persoas alleas á Comunidade. 7.- Decidir sobre a interposición de accións xudiciais necesarias e urxentes, dando conta á Asamblea Xeral na primeira reunión que se celebre, para a súa ratificación. 8.- En xeral, administrar a Comunidade, exercer as funcións que lle delegue a Asamblea Xeral, ou impoña a Lei 13/1989 de 10 de octubre e o seu Reglamento. Artigo 33. O Presidente ostenta a representación legal da Comunidade, polo que deberá acreditar esta cualidade ó realizar os actos de disposición (cesións, expropiacións forzosas, ocupacións e servidumes, dereitos de superficie, arrendamentos, permutas e concentración parcelaria). O Presidente actuará de moderador nas asambleas, debendo facer respetar a orde nas intervencións e o normal desenrolo da mesma. Poderá nomear outros representantes para asuntos concretos, cando o considere oportuno. O Vicepresidente sustituirá ó Presidente na súa ausencia en asuntos de representación e axudará ó Presidente nos trámites da súa competencia. Artigo 34. O Secretario será o encargado das citacións, de redactar as actas no libro destinado ó efecto, da correspondencia e certificacións, do libro-rexistro de Comuneiros e en xeral, da documentación da Comunidade. Terá que certificar o contido dos libros a petición de calquer comuneiro. Artigo 35. O Tesoreiro será o encargado de controlar a procedencia das xestións económicas, reflexando a situación da Comunidade, así como de controlar os seus caudais. Os fondos da Comunidade estarán depositados nas contas que ésta teña abertas nas entidades bancarias, procurando a súa rendabilidade mais eficiente, sendo preciso para retirar fondos a sinatura do Presidente, xunto a do Secretario e a do Tesoreiro. Artigo 36. Os vocais terán o seu cargo as funcións que lles encomende a Xunta Rectora. Prestarán unha función colaboradora en asuntos de tesoureiría, contabilidade e na elaboración de presupostos, velando polo reflexo real dos ingresos e gastos, sen perxuicio do exposto no artigo 35; podendo someter calquer cuestión á Xunta Rectora, quen si o estima necesario a elevará á consideración da Asamblea Xeral. Artigo 37. Os referidos cargos da Xunta serán honoríficos e non retribuídos, cunha duracion de catro anos. Cesarán nos mesmos ó termino do seu mandato, sendo sustituídos polos reservas respectivos, ou por outros elexidos na Asamblea Xeral, nos seguintes supostos: a) Renuncia expresa e xustificada, admitida pola Asamblea. b) Perda da condición de comuneiro, falecemento ou incapacidade de obrar. c) Pola non asistencia reiterada e inxustificada ás xuntanzas da Xunta Rectora. d) Perda da confianza da Xunta Rectora, votada en Asamblea Xeral e aprobada por maioría, sempre que concurran as porcentaxes esixidas pola lei. CAPITULO IX -RESPONSABILIDADE DOS ORGANOS DE GOBERNO- Artigo 38. A Asamblea Xeral será responsable ante os comuneiros da boa marcha da Comunidade e do cumplimento das súas obligacións, dos presentes Estatutos e da Lexislación de Montes. A mesma responsabilidade incumbe á Xunta Rectora, tanto polo que respecta ós asuntos da súa competencia, como dos que lle encomende a Asamblea Xeral. Tamén responderá dos danos ocasionados á Comunidade por dolo, culpa, neglixencia ou morosidade na súa actuación. A responsabilidade da Xunta Rectora será sempre colexiada, a non ser que algún dos seus membros se exceda das facultades que lle foron conferidas, actuando a nivel persoal con terceiros, polo que se lle esixirá responsabilidade a nivel individual. Todo elo, sen perxuicio da responsabilidade civil ou penal en que incurra cada un dos membros. CAPITULO X - IMPUGNACIÓN DOS ACORDOS DOS ORGANOS DE GOBERNO E FACULTADES DA COMUNIDADE PARA REVOCALOS - Artigo 39. Os acordos da Asamblea Xeral, contrarios a Lei de Montes Comunais e o Regulamento, os que infrinxan os presente Estatutos e os non acordes ós intereses xerais, poderán ser recurridos por calquer comuneiro dentro dos trinta días naturais seguintes á celebración da Asamblea, na que se adoptou o acordo. O recurso será presentado ante a Xunta Rectora, que emitirá unha proposta de resolución, habendo de resolverse definitivamente na seguinte Asamblea. Os acordos e mesmo a resolución final da Asamblea, poderán ser impugnados en todo caso ante a xurisdición ordinaria, dentro dos dous meses seguintes. Artigo 40. Si se trata de acordos ou resolucións da Xunta Rectora que adolezan dos mesmos defectos, deberán ser impugnados ante a seguinte Asamblea Xeral polos que se crean perxudicados, no término de trinta días da súa publicación ou coñecemento, podendo impugnarse tamén ante a xurisdición ordinaria dentro dos dous meses seguintes. Artigo 41. A Asamblea Xeral poderá revocar calquer acordo adoptado pola mesma ou pola Xunta Rectora e, para elo se requerirá que concurran as circunstancías do artigo 18, párrafo 1°da Lei de Montes 13/1989. Cando os acordos foran contrarios a Lei e o Regulamento de Montes Veciñais en Man Común, ós presentes Estatutos ou á lexislación xeral, poderán ser suspendidos polo Presidente ata a reunión da referida Asamblea, cando así o solicite calquera dos membros da Xunta Rectora ou dos comuneiros. CAPITULO XI - ELECCIÓN DOS CARGOS DA XUNTA - DAS ELECCIÓNS - Artigo 42. Concluído o mandato da anterior Xunta Rectora, o Presidente da Comunidade convocará Asamblea Xeral a fin de: A) Convocar eleccións para elexir ós membros que constituirán á Xunta Rectora, sinalando día e hora para celebrar a elección en Asamblea. B) Designar de entre os comuneiros para preparar a Mesa Electoral, ó Presidente da mesma, ó Secretario e dous vocais, así como catro suplentes, e a sucesiva aceptación dos designados para a ocupación de tales cargos. Artigo 43. A designación efectuada e a aceptación manifestada para o desempeño de tal cometido polos comuneiros, é renunciable por imposibilidade ou causa xustificada, sempre que tal renuncia se faga con dez días de antelación á celebración da Asamblea Xeral electoral. A renuncia se presentará por escrito dirixida ó Presidente da Comunidade, e tras acreditala, comunicará ó primeiro dos suplentes a designación para o cargo na Mesa e, así sucesivamente. Artigo 44. As distintas candidaturas se depositarán por escrito para a súa formalización, ante a Secretaría da Xunta Rectora, debendo figurar a composición e os cargos a que cada un se presente, nos vinte días seguintes á convocatoria para a celebración da Asamblea Xeral. O prazo para a presentación de candidaturas rematará ás vintecatro horas do vixésimo día. As candidaturas que se presenten poderán designar un interventor na Mesa Electoral, que non xexa candidato a ningún dos cargos, para que supervise as eleccións. Artigo 45. Serán elexidos como cargos, os membros da candidatura que obteña o maior número de votos dos comuneiros da parroquia. No suposto de non presentarse ningunha candidatura á elección da Xunta Rectora, se procederá a elexilos por votación en lista aberta entre os comuneiros asistentes á Asamblea. Acto seguido, os comuneiros elexidos declararán a aceptación dos cargos, que serán ratificados pola Asamblea Artigo 46. Calquer incidente ou recurso que se presente durante a celebración das eleccións, será reflexado na Acta redactada polo Secretario da Mesa e, resolto na mesma Asamblea Xeral, a continuación do escrutinio e reconto dos votos. Tras resolver sobre os incidentes e recursos, acordarase a validez das eleccións, do escrutinio e reconto dos votos, procedendo a declarar electos para os cargos da Xunta Rectora, ós comuneiros que integren a candidatura con maior numero de votos obtidos, tomando acto seguido posesión dos cargos. O acordo poderá ser impugnado ante a xurisdicción ordinaria, dentro dos dous meses seguintes, sin que sexa de aplicación neste caso o disposto no artigo 39 dos Estatutos. CAPITULO XII - DOS APROVEITAMENTOS - Artigo 47. Os aproveitamentos do monte corresponden, no caso de que a Comunidade afronte a transformación do monte, directamente ou ben mediante calquer forma asociativa, exclusivamente ós veciños comuneiros, sen asinación de cuotas ou parcelas específicas; salvo que se trate de aproveitamentos eventuais e a Comunidade acorde distribuir lotes entre os comuneiros por períodos non superiores a once anos. Artigo 48. Os aproveitamentos do monte veciñal en man común serán: a) Directos e gratuitos. b) Con rendimentos pecuniarios. Serán aproveitamentos directos e gratuitos os que realicen os comuneiros de xeito que os productos aproveitados, redunden directamente no seu beneficio particular ou familiar, sen proporcioar rendimentos pecuniarios inmediatos. Neste tipo de aproveitamentos, a participación será só a necesaria para satisfacer as necesidades familiares e da explotación agraria do titular. Serán aproveitamentos directos e gratuitos os seguintes: .- Os cultivos eventuais. .- O pastoreo do gando pertencente ós comuneiros, de forma individual ou colectiva. .- Podas, rareos, madeira desramada, matorrais, cando non sexan un aproveitamento con un rendimento pecuniario. .- A caza, cando non sexa un aproveitamento con rendimento económico e fora aproveitada pola Comunidade, sen previo establecemento de coto. Si algún destes aproveitamentos chegara a escasear, a Xunta Rectora plantexará á Asamblea Xeral o sistema de distribución e limitacións que considere mais axeitado, para compaxinar a escasez e as necesidades dos comuneiros, nun mellor aproveitamento e beneficio do monte. Artigo 49. As augas que broten de manantiais ou pozos situados nos montes veciñais e, que non teñan asignada titularidade de aproveitamento, conforme o disposto na vixente lei de Augas e o seu Regulamento, poderán ser cedidas en precario para o seu aproveitamento por un ou mais comuneiros, sen que supoña detrimento para a explotación dos montes, dos seus aproveitamentos ou dos intereses xerais comunitarios. En todo caso a cesión deberá acordarse por maioría da Asamblea Xeral, debendo escriturarse en documento público. Artigo 50. A fin de protexer, fomentar e ordear a caza dos montes, a Asamblea Xeral poderá consentir a constitución dun coto de caza, previa a presentación dos Estatutos da Sociedade de Caza que se constitúa polos comuneiros que o desexen; sobre a totalidade ou parte do monte, establecendo para elo as limitacións ou condicións que estime convenientes, sometendo os terreos o mesmo réxime especial cinexético da vixente lei de caza. Estes aproveitamentos se considerarán, salvo acordo en contrario da Comunidade, como directos e gratuítos. Asímesmo, a Asamblea Xeral poderá considerar, de existir unha Sociedade de Caza que abrangue a todas ou a algunhas parroquias do Concello e limítrofes, ceder este aproveitamento a mesma de modo gratuíto ou remunerado, según se acorde ó respecto. Artigo 51. Se considerarán aproveitamentos con rendimentos pecuniarios os seguintes: .- Arrendamentos de pastos. .- Ventas de madeira, pastos ou calquer aproveitamento susceptible de producir cartos. .- Arrendamentos de canteiras, minas e similares, ou cesión dos dereitos de superficie. .- A caza mediante o arrendamento ou a súa explotación directa, no caso de que sexa acordado pola Asamblea Xeral. .- Arrendamento de parcelas ou cesión de calquer aproveitamento do monte, por medio do dereito de superficie ou cesión de uso. .- Calesquera outros aproveitamentos que poideran establecerse. Artigo 52. As actuacións sobre os aproveitamentos do monte, en función das necesidades da Comunidade, estarán sometidas a plans de aproveitamento racional do monte. As enaxenacións dos aproveitamentos de madeira ou de calquer outro rendimento económico, faranse en pública subasta, mediante edictos nos lugares publicos de costume. Calquer membro da Comunidade poderá concurrir á subasta, someténdose ás condicións establecidas da mesma. Artigo 53. Serán aproveitamentos non pecuniarios nin directos, os que requiran para a súa consecución, o establecemento dunha empresa agropecuaria ou industrial, que exixa aportación de capital, persoal remunerado, risco e organización técnica empresarial, así como proceso continuo de producción, con áutonomía económica independente e propia. Artigo 54. A Comunidade poderá facultar á Xunta Rectora, previo acordo da Asamblea Xeral, para que realice as xestións necesarias a fin de mancomunarse con outras localidades que posean montes veciñais en man común, executando conxuntamente os plans de explotación dos mesmos, para algún dos seus aproveitamentos ou para a súa defensa, especialmente no referido ós incendios forestais e demais riscos propios do monte. Para a conservación ecolóxica e ambiental dos montes, a Xunta Rectora, previa autorización da Asamblea Xeral, poderá adoptar as medidas necesarias para manter o equilibrio ambiental do mesmo, e en consecuencia, as medidas legais pertinentes contra os infractores ecolóxicos. CAPITULO XIII - EXTINCIÓN DA COMUNIDADE E DESTINO DOS BENS COMUNAIS- Artigo 55. A Comunidade se extinguirá por calquera das seguintes causas: 1ª.- Por disposición legal que así o dispoña. 2ª.- Por renuncia de todos os comuneiros. 3ª.- Por perda da propiedade do monte, calquera que sexa a causa. 5ª.- Por deixar de existir veciños na parroquia. 6ª.- Cando sexa imposible desenrolar as actividades comunitarias para as que se constitueu. Artigo 56. Extinguida a Comunidade, procederase a súa liquidación pola Xunta Rectora, salvo que a Asamblea Xeral acorde o nomeamento de liquidadores Especiais. A Asamblea Xeral poderá nomear os interventores que considere oportunos. Artigo 57. Os bens comúns, os que resultaran da sustitución dos mesmos, as indemnizacións que se reciban por tal motivo, terán o destino que estableza a Lei que ordene a extinción da Comunidade, según dispón o artigo 29 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común. - DISPOSICION TRANSITORIA - Antes da deliberación e da aprobación destes novos Estatutos, a Xunta Rectora concederá un prazo de dez días para que os comuneiros poidan ter coñecemento dos mesmos. Os Estatutos polos que se rexía a Comunidade quedarán derogados e sustituidos polos presentes, que terán plena validez ó décimo día da súa aprobación pola Asamblea Xeral. Os novos Estatutos serán remitidos ó Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común a través da Sección Provincial, achegando o orixinal e copia firmados polo Presidente e Secretario da Xunta Rectora; adxuntando a composición desta mediante certificación do Libro de Actas correspondente, acompañando tamén certificación de que foron aprobados pola Asamblea Xeral cos requisitos e formalidades legais, ó que se unirá copia auténtica do Libro Rexistro de Comuneiros actualizado ó mes de xaneiro. - DISPOSICIÓN FINAL - No non previsto nos presentes Estatutos, rexirá a Lei 13/1.989 do 10 de octubro, de Montes Veciñais en Man Común e o seu Regulamento (Decreto 260/1992, do 4 de setembro) e no seu defecto a lexislación xeral.
]]]]]]]]]]]]]]]]]]*************************[[[[[[[[[[[[[[[[[[[[
En Catoira, sendo as 18:35 horas do día 17 de decembro do 2005. D. Jesús M. Riveiro Loureiro, Presidente. D. Luis M. Rey Lajos, Secretario.
|
|||||